O título desta película ven dado dunha estreita rúa neoiorquina donde se concentra o principal e máis importante distrito financeiro.
O protagonista Bud Fox é un corrector de bolsa, aínda que no mundo financeiro usase a palabra inglesa broker de bolsa.
Hai bastantes frases que se poden resaltar desta película e das que podes facer unha reflexión. Unha delas é a que lle di o pai de Bud ao seu fillo: ‘’ Os cartos conseguen que fagas cousas que non queres facer ‘’, analizando estas palabras pódese sacar unha deducción, que por moi claras que teñas as cousas, a ambición de gañar diñeiro pode cambiarche o rumbo das túas ideas, e polo tanto facer cousas que se non houbera diñeiro de por medio non farías. Outra frase na que podemos prestar especial atención é a que di o propio Bud: ‘’ Véxome no espello e non me gusta o que vexo’’, esta declaración de odio a un mesmo ven algo dado as palabras do pai, xa que os cartos fixérono unha persoa distinta o que el quere ser, e tamén logra que non te deixe cambiar por mera cobiza.
Nunha conversación que manteñen Gekko que é o cliente que manexa a Bud e o propio Bud, fan referencia a cobiza e a ambición. Pódense confundir perfectamente as dúas palabras e teñen cousas en común pero tamén teñen diferenzas. O meu entender a codicia é algo máis obsesivo que a ambición, xa que a esta non sempre é algo malo. A ambición é boa para poder lograr os teus soños pero tamén a ambición en exceso pode chegar a codicia, que te fai alguén despreciable e que só pensa nas riquezas etc.
Sobre as cousas que fixo Bud para conseguir ser un ‘’grande’’, eu non sabería decir que faría no seu lugar xa que non me imaxino movéndome nese mundo de tantos cartos, pero imaxino aínda que parezca raro que faría o posible como Bud por conseguir moitos cartos e triunfar, exceptuando o de facerlle iso a un pai.
Evidentemente non fixeches unha "vista previa" á túa entrada... É ilexible!
ResponderEliminarTes varios erros no uso do galego: dicir, onde, cobiza...
Por último chámame a atención que, afirmando que a cobiza é despreciable... a continuación afirmas que ti farías o mesmo... Cada un é quen de pensar o que queira, pero de igual xeito quero opinar que me parece que o teu nivel moral.
A túa cualificaión é de 4,5 sobre 5