Bienvenido

Ha entrado en mi blog personal. Le invito a que le eche un vistazo.

lunes, 18 de octubre de 2010

Se eu tivera un fillo..


A verdade e que nunca o pensei , é normal , aínda teño dezasete anos , pero supoño que lle diría algo así..

-Eu - Fillo , ti fas a túa vida evidentemente , e o que che vou decir só son consellos para axudarche no futuro.

-Fillo - Papá , xa falaremos diso noutra ocasión , acabo de acabar de estudar , non quero agobios.

-Eu - e que pensas , que os traballos che van vir do ceo? acaso pensas vivir sempre de túa nai e de min? xa te aviso que iso non vai ser así , eu axudareiche no que poida , iso si , se non tomas a miña axuda non intentes que eu te manteña.

-Fillo - non penso vivir do aire , eu quero traballar , pero hai tempo para pensar nas cousas.

-Eu - e eu non che estou metendo presa , só quero darche uns consellos que quizáis poidan axudarche a aclarar ideas.

-Fillo - vale papá fala.

- Eu - vale , por donde empezo..

- Fillo - polo principio?

- Eu - mira Carliños , isto non é fácil para min , e quero buscar as palabras axeitadas para explicarche isto.

- Fillo - papá , eu tiña pensado traballar para Fast-Grelo , xa sabes esa empresa de comida a domicilio , Diego o do equipo tamén ten pensado entrar comigo.

- Eu - está ben , pero vouche dar a miña opinión. A ti non che gustaba a carpintería?

- Fillo - si , pero xa sei por onde vas , e dame pereza a verdade..

- Eu - sí un cursillo , xa sei que che da agobio volver ter que estudar algo e iso , pero vas ter algo que che gusta , e podes traballar por conta allea..

- Fillo - non é mala idea , a verdade e que a min a carpintería encántame , o único en contra e que teño que volves estudar algo de novo , pero vale papá fareiche caso , intentaréino.

- Eu - as vantaxes que tes e que se o fas ben podes montar o teu propio negocio e non depender dun xefe , iso si o primeiro terás que entrar nunha empresa onde ademais de empezar ben economicamente tamén aprenderás cousas novas.

- Fillo - gracias papá , o que tiña claro e que non queria ser un funcionario , son demasiado vago para preparar unhas oposicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario